ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de As Pontes, xunto co clube de atletismo Olympus, están xa a ultimar os preparativos da que será a XXI edición da Carreira Pedestre de San Xosé, unha cita deportiva que, convocatoria tras convocatoria, conta cunha gran participación tanto de atletas ponteses coma dos concellos limítrofes.
Precisamente, ante esta boa resposta, dende o departamento de Deportes, a súa concelleira Eva Conde quixo animar aos veciños e veciñas
Como ven sendo habitual a proba dividirase en dous grupos: escolares e adultos con varias subcategorías en cada un deles e con diferentes distancias e traxectos que transcorrerán polo circuito que se marcará a través da fraga de Dona Rita e que se completará, para os máis maiores, cun percorrido polo entorno do encoro da Ribeira.
Así as cousas, no tocante ao grupo de escolares, os participantes, que terán que pertencer a algunha entidade, deberán ter entre 6 e 16 anos para poder competir en categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, tanto masculino como feminino, enfrontándose a distancias que variarán segundo as idades entre os 335 metros e os 1930 metros. Os tres primeiros de cada categoría recibirán un trofeo ao que haberá que sumar un agasallo por parte da organización para cada un dos participantes. Asemade, tamén se lles obsequiará cun vale de 150 euros en material deportivo as tres entidades que máis corredores clasifiquen, entre escolares e adultos, na liña de chegada.
No tocante, á categoría absoluta, estableceranse un total de tres probas, tanto para homes coma para mulleres, e que son xuvenil para os nados dende 1992, promesa señor dende 1991 e anteriores e veteráns que deberán ter cumplidos como mínino os 35 anos se se trata dunha muller ou os 40 se se compite en categoría masculina. Todos eles deberán enfrontarse a un percorrido de 7.050 metros que dará comezo unha vez rematen as probas para os escolares, programadas para as 16.00 horas.
Está previsto que se repartan un total de catro premios para cada categoría que consistirán nun trofeo e nun premio en metálico de entre 300 e 70 euros, ao que haberá que sumar o premio Luis Barrio para o primeiro pontés e pontesa clasificados nesta carreira.
Inscricións
Ata as 13.00 horas do 17 de marzo será posible anotarse para tomar parte nesta proba.
Para cumplimentar o citado trámite tan só se haberá que achegar ata as oficinas do departamento de Deportes, ubicadas no pavillón polideportivo municipal, telefonar ou enviar un fax ao 662 340 856 ou ao enderezo electrónico deportes@aspontes.org con tódolos datos do atleta e a proba na que desexa participar.
No caso de competir nas categorías escolares deberase presentar tamén a sinatura do delegado ou adestrador da entidade á que pertence o atleta, ademáis do selo da mesma.