ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, acusa ao PP de saquear e facer negocio coa sanidade pública. A viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda denuncia "a porta xiratoria entre Xunta e empresa privada" e as súas consecuencias para a saúde da cidadanía. Díaz sinalou na sesión de control parlamentario que a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, procede da sanidade privada e sembrou dúbidas sobre o proceder desta e do PP en nest
Yolanda Díaz acusou esta mañá ao Partido Popular de saquear e facer negocio coa sanidade pública. “Fan negocio co financiamento público privado a través dos PFI”, espetoulle a viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), “e ese saqueo da sanidade pública ten a ver coa corrupción”. A sesión de control parlamentario ao presidente da Xunta saldouse, segundo a viceportavoz de AGE, cun novo exercicio de cinismo e mentira pola banda do señor Núñez, quen chegou a afirmar que a sanidade pública se atopa hoxe “en mellor situación que en 2009”.
Díaz fixo balance
35 millóns de euros menos nos Orzamentos deste ano para o Sergas, 375 millóns de redución no total do quinquenio Feijóo. Cobro da farmacia hospitalaria aos pacientes crónicos. Externalización, é dicir privatización, da limpeza e do mantemento, da xestión da información e mesmo da alta tecnoloxía sanitaria. “E 500 médicos e médicas menos, e a previsión da supresión de 740 máis”, engadiu Díaz.
A viceportavoz de AGE rematou denunciando a porta xiratoria entre as administracións gobernadas polo Partido Popular e as empresas privadas que logo contrataban coas mesmas. “A señora Mosquera, conselleira de Sanidade, vén da patronal privada. A súa filla traballaba na consultora Price Waterhouse”, expuxo Díaz, “a mesma que recomendou contratar o hospital de Vigo a Puentes y Calzadas, a empresa onde foi parar Agustín Hernández logo de ser alto cargo con Fraga” “Isto ten un nome”, concluíu, “corrupción”.