Zapatero desdícese e adianta as eleccións ao 20 de novembro

Zapatero desdícese e adianta as eleccións ao 20 de novembro

29 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O ruxerruxe andaba polos corredores da Moncloa dende media mañá e a nova confirmábase á unha menos cuarto do mediodía no medio da rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros. O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, desdecía todas as súas afirmacións dos últimos meses, nas que proclamaba que esgotaría a lexislatura e non habería eleccións lexislativas até a

Mais se cadra foron as últimas sondaxes, que antonte arroxaban unha tendencia positiva para o candidato do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, recortando a distancia en intención de voto que merecía no electorado o líder do PP, Mariano Rajoy, as que animaron ao xefe do Executivo a por fin ao seu mandato antes do establecido. Perante a prensa, Rodríguez Zapatero asegurou que existe un duplo motivo para o adianto electoral. Por unha banda, permitirlle ao novo Goberno resultante dos comicios tomar as rendas do novo exercicio fiscal de 2012 ao completo, xa que coa data electoral do 20 de novembro, poderíase “razoablemente” xestionar xa a Administración, explicou.

Ademais, o xefe do Executivo, achegou unha xustificación máis para situar a data en novembro. A necesidade de aprobar antes da disolución das Cámaras, e baixo a actual composición das mesmas, unha serie de leis resultante de “moito traballo” feitos polos representantes públicos nos últimos tempos, asegurou. Entre estas, citou as leis de axilización procesual, concursal e xurisdición social; a lei que permitirá a integración dos cotizantes do réxime agrario no réxime xeral da Seguridade Social; e tamén a lei de recoñecemento e protección integral ás vítimas do terrorismo. Mais sobre todo quixo facer fincapé nun decreto lei que o Consello de Ministros aprobará o 19 de agosto dirixido á redución do déficit público e no que se contemplará medidas para mellorar a recadación do Imposto de Sociedades, o recorte do gasto farmacéutico e novas iniciativas para crear emprego.

Institucional