ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O FIV 2010 vai completando o seu “roster” definitivo. Se en días pasados o concelleiro de xuventude, Jesús Bermúdez, anunciaba que os cataláns Love of Lesbian serían o grupo cabeza de cartel e que Estereotypo era a segunda das formacións confirmadas para subirse ao escenario fucsia da Praza da Constitución. Hoxe saíu á palestra a terceira das formacións que tocarán en Vilalba o 21 de agosto. Trátase do grupo vasc
Así, estes catro músicos viscaíños xa poden presumir de telonear a unha das grandes bandas da historia da música, os Rolling Stones, xa que en xuño de 2007 foron os escollidos para tocar no concerto que os británicos ofreceron en Bilbao.
Zenttric tivo no 2009 o seu gran ano, xa que foi nomeada aos Premios 40 Principais 09 como Mellor Artista Novo e Mellor Vídeo, o do seu grande éxito, Solo quiro bailar, que reflicte, segundo Bermúdez “a potencia, a calidade e o seu bo facer”.
Pero os eloxios non quedan aquí, posto que recentemente foron elixidos Novo Talento Fnac, e acaban de recibir dúas nominacións aos Premios da Música como Artista Revelación e Mellor Álbum Pop.
Zenttric é unha banda bilbaína formada por Gutxi (voz), Mikel (guitarra), Iñigo (baixo) e Javi "Moe" (batería). Este grupo como Zenttric, é unha achega de cancións exemplares, un excelente exercicio de música pop con letras cantadas en castelán que nunca se recrean no obvio, no ripio, no cómodo; cunha instrumentación precisa, contundente, imaxinativa e cunha voz que arrisca e nunca decepciona.