Zurdo para xogar e para pensar

Zurdo para xogar e para pensar
07 de Xuño, 2024 - 08:34 h. | Publicada por Radiofusión

“Bébel é zurdo para xogar e para pensar. No estadio ponse a camisola do Dépor. Á saida do estadio, se pon a camisola da Xuventude Socialista. Once dias despois do cuartelazo de Franco, cando acaba de cumprir os vintedous anos, enfronta o pelotón de fusilamento:

  • Un momento, manda.

E os soldados, galegos coma el, futboleiros coma el, obedecen.

Entón Bébel desabrochase a petrina, lentamente, botón tras botón, e de cara ao pelotón, bota unha longa mexada.

Despois abróchase a bragueta:

  • Agora sí”
ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Ángelo Pineda, da editorial Menino Morreu

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/070624PINEDA.mp3

Fotografia Xan Xe

A anécdota recollea Eduardo Galeano no seu libro “Espejos. Una historia casi universal” e reproducea Ramon Usall en “Máis do que unhas cores”, volume publicado pola Editorial Menino Morreu na colección Bébel. Preparan na actualidade un traballo irreverente e atrevido dun autor novel, un ensaio sobre a cultura de Abraham Pérez e un traballo narrativo de Nacho Taibo na colección Lenda Urbana. “Non comparto a desconfianza co libro dixital, presenta moitas vantaxes ainda que non acaba de callar” indica Ángelo Pineda de Menino Morreu.

A editorial naceu en xuño de 2022 e ademais das coleccións Bébel e Lenda Urbana, prepara unha terceira centrada no libro dixital. 

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora