Capítulo 11. María Casares. Eu son do océano

Fotografía Xan Xe Corral

“Debutei como actriz no 1942, xusto antes de cumprir os vinte anos, cun papel protagonista polo que recibín unha críticas que me pareceron e me parecen esaxeradamente boas”. O seu libro de memorias é un texto  soberbio, esixente, sumamente modesto. Fálanos das sucesivas iniciacións propias de toda vida, o reverso e o anverso das palabras e das cousas, a ambigüidade dos privilexios. A actriz, convertida en espectadora de si mesma e do mundo, escenifica unha multitude de personaxes que traducen de súpeto o ruído e a ironía, o fervor e a violencia dunha época na que todos se recoñecerán. É María Casares en “Residente privilexiada”.