Capítulo 16. María Casares. Eu son do océano

Fotografía Xan Xe

"Eu a Cocteau tíñalle moito aprecio, pero rodar películas non acababa de gustarme. (...) O teatro era para min moito máis importante. No ano 51 entrei na Comédie Française, con moito ilusión, pero axiña me desencantei" afirma María Casares no podcast producido por Son Radiofusión. Na imaxe Rogelio Arias quen fai no podcast o papel de Santiago Casares Quiroga. A investigadora María Lopo, tras anos de pescuda, recupera neste 2022 coa publicación dun libro en Francia, a vida e a morte de Nina Reicyn, a amiga xudía de María Casares que achou durante a ocupación nazi acubillo no fogar parisiense que a actriz comparía coa súa nai, Gloria Pérez. María Casares significou todo en Francia e un case nada na súa terra, natal segundo asegura Alberto Ramos no seu artigo “Nina Reicyn, a erudita xudía que non puido salvar María Casares” publicado no número 505 de “Sermos Galiza”.