Capítulo 18. María Casares. Eu son do océano

Fotografía Xan Xe

"A vida é o que importa, eses momentos de plenitude e fermosura que compartimos. En xuño do 58 fixemos un cruceiro por Grecia, de Rodas a Chipre", indica María Casares. A actriz e Albert Camus mantiveron unha historia de amor durante 15 anos. Cruzáronse 865 cartas. Unha selección delas publicouna en 2017 Catherine Camus baixo o título Correspondence 1944-1959.