Capítulo 19. María Casares. Eu son do océano

Fotografía: Xan Xe Corral

“Un só corazón terá latido en nós, e seguirá oíndose, cando teñamos desaparecido, no misterio do mundo”, reflexiona Albert Camus no podcast “Eu son do océano”. A filla do premio Nobel de Literatura promoveu a publicación de 865 misivas inéditas entre Camus e María Casares a través da editorial francesa Gallimard. "As súas cartas fan que o mundo sexa máis vasto, o espazo máis luminoso, o aire máis lixeiro, simplemente porque existiron", escribe Catherine Camus.