Capítulo 20. María Casares. Eu son do océano

Fotografía: Xan Xe Corral

“Eu sempre busquei proxectos que me retaran, nunca me gustou ir ao fácil”, asegura María Casares no podcast “Eu son do océano”.

O exilio foi clave na vida de María Casares. Ao cruzar a fronteira, decidiu mudar de vida, de indentidade e de papel. Non quería mirar atrás senón seguir cara adiante e actuar todo o tempo.