Capítulo 22. María Casares. Eu son do océano

Fotografía: Xan Xe Corral

“Eu tiña unha casa en Coruña e esa casa xa non era miña. Roubárannola. Ía volver eu á Coruña para durmir nun hotel, na mesma cidade onde estaba ese que foi o meu fogar? Non podía!”, asegura María Casares no podcast “Eu son do océano”. María Casares nunca esqueceu ás súas raíces nin a súa terra natal. A pesares de ser exiliada e falar outro idioma a identidade galega sempre formou parte dela. Galicia foi supuxo un elemento fixo na súa vida en movemento. Unha vida de película que a escritora francesa Anne Plantagenet narra en La Única. María Casares.