Capítulo 5. María Casares. Eu son do océano

Fotografía Xan Xe

En Oleiros, Montrove pasaba os veráns a nena María Casares. Coidabaa Susita, interpretada no podcast "María Casares, eu son do océano" pola actriz Eugenia Sanmartín (Na imaxe en fotografía de Xan Xe Corral). María tamén convivia coa tía Candidita, unha muller que permanecía fiel á memoria do seu defunto marido. Era moi cariñosa con María. Contáballe moitos contos antes de durmir. Coincidindo co centenario do nacemento da nomeada actriz,Son Radiofusión produciu dúas iniciativas que coinciden no interese divulgativo dunha traxectoria de éxito no teatro de Francia e de Europa, dunha muller, nacida en Galicia, a quen o golpe de estado de 1936 obrigou a exiliarse, pero que sempre reivindicou a súa condición de galega. As lembranzas e o exemplo de María Casares nutren ta novela gráfica con texto de Pitusa Arias e ilustracións de Carlos Sardiña. Tamén o podcast con guión de Puri Seixido, banda sonora orixinal de Sofia Oriana Infante e dirección de Eugenia Sanmartín e con participación do actor Rogelio Arias e das actrices Cristina Moreira, Cristina  Mariño, Helga Méndez e Eugenia Sanmartín. O podcast pódese escoitar todos os dias as nove da mañá e ás nove da noite en Radio Fene. Tamén en radiofusion.gal