Capítulo 6. María Casares, eu son do océano

Fotografía Xan Xe

A tia Candidita tamén coidou a Maria Casares de nena. Era a viuva do tío Arturo, o irmán maior do seu pai. El morrera moi novo, aos vinte e sete anos, cando só levaba un mes casado. Candidita quedou para sempre prendada dese amor frustrado. Albert Camus dixo de María que tiña “o xenio da vida”. Coñeceronse e amaronse durante dezaseis anos. Foi un amor único, atormentado, na sombra, que floreceu nunha correspondencia fascinante, segundo a biógrafa da actriz Anne Plantagenet.