Capítulo 8. Os incurábeis

Franki Muíño fai o papel de Xosé Sánchez Pereiro, o inspector xefe encargado de resolver o crime de Paloma Bieito. Neste capítulo, o inspector Pereiro reencóntrase, como tantas veces, con Sara, a veciña de Vila Cruz da casa do lado, amiga da nenez, noiva da xuventude e amante da madurez, que lle pide que pescude pola súa conta sobre o caso de Xulio, o seu marido, morto accidentalmente dun tiro no abdome por un dos seus compañeiros de cazaría.