Capítulo 9. María Casares. Eu son do océano

Fotografía Xan Xe

Maria Casares marcha xunto coa súa nai exiliada para Francia. Ao rematar a guerra, encontrase de novo co seu pai Santiago Casares Quiroga. 
"Vive aquí, no 148 da rua Vaugirard, leva un impermeable negro e un sombreriño, ambos flamantes. A longa melena negra caelle sobre os ombreiros. Volve a casa e bule pola beirarrua que bordea o hospital Necker-Enfants malades. Ela é María Casares, nacida na Coruña, unha das mellores actrices de teatro na Europa do século XX". Santiago Casares e a súa muller Gloria insistenlle á súa filla na necesidade de estudar. Se ia facerse actriz, tiña que facelo ben e matricularse no Conservatorio para estudar e lograr un título. O primeiro traballo foi dominar o francés. María Casares descubreu o mundo nos libros da gran biblioteca da casa do seu pai, Casares Quiroga, na rúa Panadeiras da Coruña. Un día o pai ensinoulle a anatomía do corpo humano amosandolle un esquelete. Os seus ollos ardentes e a súa voz singular provoca as gabanzas máis desatadas na prensa francesa dos anos corenta. Un temperamento excepcional. Unha natureza de artista como poucas veces se revela ao longo dun século. A traxedia corre polas súas veas.
PLANTAGENET, ANNE. La única. María Casares. Alba, 2021.