Lobos Doentes. Capítulo 16

No hotel Meliá, Silvosa indícalle ao policía Pereiro que vai moi desencamiñado nas súas sospeitas. Tras escoitar as verbas do “subministrador de profesionais da prostitución”, Sánchez Pereiro acepta a invitación dun descoñecido. Entra en escea un segundo enviado de Vítor Ferreño. Di chamarse 'Rocky' para os amigos e insiste en cear co comisario. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/121222LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe

Na imaxe, roteiro de Lobos Doentes pola cidade da Coruña.