Lobos Doentes. Capítulo 17

Sánchez Pereiro cea con Rocky no restaurante do hotel Meliá un delicioso menú degustación mentres tenta descubrir as intencións deste outro enviado de Don Vítor con Pedro Souto. A medianoite, o policía Pereiro explota de pracer con Olga, afillada do propio Souto Varela. ”Nunca pensei que fose así, tan pasional, tan experta. Nin tiven xamais entre os brazos mailas pernas unha muller coa libido tan exacerbada”. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/131222LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe

Na imaxe, sesión de gravación do podcast Lobos Doentes.