Lobos Doentes. Capítulo 19

Fotografía: Xan Xe Corral

No seu Pazo do Vicerreinado, situado entre Vigo e Vilanova de Arousa, máis aló de Pontevedra, Vítor Ferreño recibe a Xosé Sánchez Pereiro. O anfitrión invítao a coñac. Tamén a que deixe a arma regulamentaria. "Síntoo, amigo, pero son policía, e un policía non pode nunca desfacerse da súa arma, a non ser por forza maior, que non é o caso, supoño”, afirma o comisario Pereiro. Pedro Souto Varela é o tema central dunha conversa na que o policía vai adiviñando as intencións de Ferreño co seu amigo e xefe no ámbito privado. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

 

http://173.255.131.18/audio/151222LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe

Na imaxe, Henrique Sanfíz e Antonio Tizón no roteiro de Lobos Doentes.