Lobos Doentes. Capítulo 20

Fotografía: Xan Xe Corral

“Mostrareille todas e cada unha das habitacións; menos esta, que conduce a un subterráneo, o meu espazo máis privado, o único espazo privado de toda a casa, no que ninguén pode entrar, nin sequera ver”. Pereiro queda impresionado logo de coñecer case tódolos espazos do pazo propiedade de Vítor Ferreño a pesares de non poder entrar aínda nese cuarto no que Ferreño di que “só entran mulleres, putas ou non, e un home da miña máxima confianza”. Xa de volta á Coruña, o policía Sánchez Pereiro fálalle das intencións de Don Vítor a Pedro Souto Varela. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/161222LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe

Na imaxe, Eugenia Sanmartín, directora do podcast Lobos Doentes.