Lobos Doentes. Capítulo 21

Sánchez Pereiro atopa unha melloría no estado de saúde do seu convidado. Mentres o policía anima a Souto Varela a retomar a súa vida normal alármase pola fase maníaca que atravesa Gustavo Gallego “porque xa o vira antes nese estado e xa comprobara por min mesmo o que era capaz de facer”. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/191222LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe

Na imaxe, Antonio Tizón, intérprete de Gustavo Gallego e Franki Muíño, intérprete do policía Sánchez Pereiro.