Lobos Doentes. Capítulo 22

O restaurante A Casa Vasca é o lugar elixido por Sánchez Pereiro para celebrar a histórica remontada do Deportivo ao Milán en Riazor aquel sete de abril do ano 2004. A Souto Varela tócalle ver o encontro dende a casa do comisario ceando unhas pizzas do Cambalache. Aínda así, recoñece que o 4-0 dos branquiazuis ante o conxunto italiano foi a primeira alegría que tivo dende que se agocha no piso do policía. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

 

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/201222LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, as persoas asistentes ao roteiro de Lobos Doentes na Coruña.