Lobos Doentes. Capítulo 23

Mentres o Deportivo remonta en Riazor, Rocky descobre no aeroporto de Alvedro que Souto Varela nunca marchou da Coruña. Queda con Sánchez Pereiro para contarllo e ponlle unha data para atopalo e facerlle unha proposta. O policía ten menos dun mes para desvelar o paradoiro do seu invitado oculto. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/211222LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Laura Couto, presentadora do podcast Lobos Doentes.