ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“O presidente estaba hiperactivo, como case sempre que o vin, aínda que recordo telo visto tamén nas fases máis baixas, cando me apertaba a súa man cunha frouxidade inaudita, que tanto desentoaba co seu forte carácter”. Así fala Sánchez Pereiro sobre Manuel Fraga no capítulo 3 de Lobos Doentes. O policía lamenta non ter presenciado o partido entre o Deportivo e a Juventus por culpa do mitin do PP. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/231122LOBOS.mp3
Fotografía Xan Xe
Na imaxe, Franki Muíño, intérprete do policía Sánchez Pereiro.