Lobos Doentes. Capítulo 32

Trala violenta morte da muller de Gustavo Gallego, o policía Sánchez Pereiro non ten tan claro que fose o seu home o autor do crime. “O mundo está cheo de boas persoas que cometen actos malvados”, reflexiona a psiquiatra Helena Salcedo. Gallego continúa amarrado á cama do hospital na compaña do comisario. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/030123LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Eugenia Sanmartín, directora do podcast Lobos Doentes.