Lobos Doentes. Capítulo 33

Comendo lacón con grelos no restaurante Manolito da Coruña, Sánchez Pereiro tenta coñecer máis datos sobre as reaccións de Gustavo Gallego. O policía conversa co psiquiatra Campiño e regresa ao hospital escoitando na radio o anuncio da retirada das tropas españolas de Iraq. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/040123LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Ángela Arias, intérprete de Clara.