Lobos Doentes. Capítulo 36

Xa en Vigo, no piso de Carme Silveira, Sánchez Pereiro segue sen entender as vidas de dúas curmáns que casaron con dous curmáns e que poden ter que ver co asasinato da muller de Gustavo Gallego. “Vos coñecedes o mesmo día, decidides separarvos ao mesmo tempo e polas mesmas razóns. Tantas casualidades non teñen fácil explicación para min...”, afirma o policía. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/090123LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Franki Muíño, intérprete do policía Sánchez Pereiro.