Lobos Doentes. Capítulo 45

Sáenz de Gondomar está disposto a pagar máis dun millón e medio de euros para evitar a morte ou cadea do seu sobriño. Agora é Ricardo, o cuñado da asasinada María Silveira, quen ten que decidir se acepta a oferta. O comisario Sánchez Pereiro queda con el no restaurante Pirri en Betanzos. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

 

http://173.255.131.18/audio/200123LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Franki Muíño, intérprete do policía Sánchez Pereiro.