Lobos Doentes. Capítulo 54

“Nesta ocasión, debo ser eu a xusticeira; entre outras cousas, para colmar a miña ansia de vinganza, a miña sede de sangue, a miña fame de carne, os meus instintos de besta salvaxe”, asegura Olga, a nova xefa do policía Pereiro no ámbito privado tralo asasinato de Pedro Souto Varela. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/020223LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, roteiro de Lobos Doentes pola cidade da Coruña.