Lobos Doentes. Capítulo 7

O policía Sánchez Pereiro coñece ao misterioso Vítor Ferreño xantando en Casa Pardo. Ensínalle a foto do cadáver que Ferreño parece identificar. Na conversa sae á luz o nome de Pedro Souto Varela. Logo de escoitar as acusacións do enviado por Blasco, Sánchez Pereiro decide comezar a traballar para Souto Varela. “Será un contrato de cheques en branco e todo o demais en negro”. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/291122LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe

Na imaxe, Miguel Curveira, intérprete de Vítor Ferreño.