Lobos Doentes. Capítulo 79

Sánchez Pereiro acompaña a Gustavo Gallego á consulta do doutor Campiño. A continuación, recolle a Olga para iniciar a viaxe de cara á vinganza definitiva de Ferreño. O que non imaxina o comisario son as confesións que lle desvela a filla de Souta Varela. “En especial, a última delas, que me deixou atónito”, afirma con sorpresa o policía. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/090323LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Pablo Mariño, intérprete do doutor Campiño.