Lobos Doentes. Capítulo 8

Fotografía: Xan Xe Corral

Pedro Souto Varela alóxase na casa do seu novo empregado no ámbito privado, Sánchez Pereiro. “Terás que pagarme sempre así, con diñeiro negro, porque non podo xustificar estes ingresos extra”, afirma o policía Pereiro. Souto Varela non se atopa ben e a psiquiatra Helena Salcedo entrégalle tres caixas de menciñas para tratar “unha depresión grave con síntomas psicóticos”. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

 

http://173.255.131.18/audio/301122LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe

Na imaxe, Eugenia Sanmartín, intérprete da psiquiatra Helena Salcedo