Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 34

Na cea familiar daquel sábado había oito comensais. Alí estaban Xabier, o anfitrión, que presidía a mesa, o seu fillo Felipe, a súa nora e as súas dúas netas, Emilio, Ricardo e máis eu, o único invitado que non formaba parte da familia. Quizais por iso, ao principio dunha comida que prepararan entre o dono do chalé e o seu sobriño predilecto non imaxinaba o final precipitado que se produciu dunha maneira tan abrupta. 

Todo transcorría con normalidade ata que se desatou unha verdadeira tormenta verbal de afrontas, aldraxes e vituperios, que ameazaba coa indixestión xeral, e a sucesión de insultos comezou cando Felipe, cun ton nada ofensivo, máis ben cariñoso, interrompeu o monólogo do seu pai, que non paraba de falar, cun frase intranscendente: 

Felipe: Anda, papá, cala un pouco, que falas ti só e non deixas falar a ninguén... 

Fotografía: XanXe