Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 35

a primeira vez que che deron a alta, Gustavo, do manicomio coruñés no que estabas ingresado desde a pasada semana santa, non te recoñecín, estabas por riba dos cen e, o que é peor, non por fartarte de comida, pois apenas probabas bocado, senón polos efectos da medicación, unha medicación que te deixou máis morto ca vivo, sen voz, sen memoria, sen esperanza, e eu, probe ignorante, intentei recuperarte en van, senteite ao outro lado da miña cama, coa intención de recordarche os teus poemas de xuventude que eu convertín en coplas despois de memorizar cada palabra, e empecei a entoar os cantos a algunhas das mulleres imposibles ás que dedicaches os teus desvelos da adolescencia, pero ti parecía que nin sequera te acordabas delas, tan só calabas e escoitabas... 

Fotografía: XanXe