Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 36

Gustavo sacou de novo o seu caderno azul, no que tiña escritas as Coplas analfabetas, e comezou a explicar ese proxecto tan especial para el: Gustavo: Este proxecto que teño na man, neste caderno azul, tan especial para min, nace como homenaxe á miña avoa, a madriña, unha muller anónima, aínda que moi significativa dende unha dimensión histórica, unha muller analfabeta, cantora, revolucionaria e case centenaria, chamada María Dominga Tenreiro García, que viviu durante case todo o século vinte, dende 1900 ata decembro de 1993, e a idea nace tamén como homenaxe a esta parte do mundo, que é Galicia, onde as terras se chaman do Mandeo e As Mariñas coruñesas. 

Fotografía: XanXe