Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 38

Contra o consello de toda a súa familia, María Silveira, a túa moza, cando só lle quedaban tres meses para acabar o ultimo curso de carreira, tronzou os seus estudios e acudiu á chamada de axuda de Ricardo, que só por iso mereceu o seu respecto e o meu, pero eu, ademais de respecto e gratitude polo seu xesto de amor, axiña lle collín cariño, un cariño que duraría desde o principio ata o final da miña relación con ela, porque axiña me din conta de que ela era única que che podía axudar a saír do inferno, bastoume vela entrar por primeira vez no teu cuarto, o máis escuro da casa, e oíla chorar a moco tendido, 

Fotografía: XanXe