ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter

Durante o xantar de máis de vinte comensais Gustavo sentouse fronte a Oroza coa intención de manter unha conversación longa e sosegada. Pero, ante o murmurio altisonante que se escoitaba de fondo, axiña se decataron os dous de que, naquel ambiente, resultaba imposible concentrarse nunha charla interesante.
Tan só cando rematamos de comer conseguimos escapulirnos os catro, eu, o poeta de Vigo, Gustavo e a filla, e entramos nunha cafetería tranquila, onde, entre augas e cafés, Carlos Oroza levou a voz cantante ante a nosa escoita silenciosa, perplexa e admirativa, concedéndonos, ademais, a petición de Gustavo, o seu permiso para gravar a nosa conversación.
Fotografía: XanXe