Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 53

No outono do 85, corenta e dous meses despois da aínda non recordada Semana Santa do 82, te encamiñaches de novo cara a Madrid, disposto a acabar a carreira e, de paso, saldar algunhas contas pendentes co destino, sen rastro ningún de depresión, ao bordo da euforia, pero dunha euforia controlada, sen terapia nin pastillas. 

...en Madrid todo parecía ir ben, en compañía de María e coa túa euforia ben controlada, e o día que nos dixeches por teléfono que remataras a carreira, e con moi boas notas, ademais, foi o día máis feliz da nosa vida, da miña, da de Camila, túa nai, que chorou coa alegría, e supoño que tamén da de Ramiro, teu pai, que tardou bastante tempo en crelo, foi o día máis feliz da nosa vida ...

Fotografía: XanXe