Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 54

Nun intervalo de apenas catro horas, aquel día asistín a dous suicidios consumados e a unha tentativa, con graves consecuencias, pois o home que o intentou acabou no hospital cunha lesión medular quizais irreversible. 

Quen morreu de forma inmediata foi unha muller de mediana idade que se tirou desde un décimo piso ao asfalto da rúa Ronda de Outeiro, en pleno barrio da Gaiteira. Con todo, o caso que máis me impresionou foi o dun rapaz de catorce anos que se precipitou ao chan desde o oitavo andar da casa do seu avó, nas inmediacións da Praza de Pontevedra. 

Fun eu quen tiven que informar da desgraza; primeiro, á súa familia, un pai, unha nai e unha irmá que non acababan de crer o que lles contaba, e despois, á directora do Instituto onde cursaba terceiro da ESO, que tampouco daba creto á noticia, aínda que no centro escolar que dirixía había xa abertos dez protocolos por intento de suicidio. 

Fotografía: XanXe