Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 56

...nacín en 1900 e xa estamos no último mes de 1993, polo que, a estas alturas da miña vida, vexo que a morte non anda lonxe, e non penso resistirme cando veña, 

[...] vin que non andabas lonxe / 

moito antes de que viñeras / 

atoparasme disposta / 

na miña cama en alerta / 

de ti non quero fuxir / 

nin cando te vexa cerca / 

soa pechareime os ollos / 

pechádeme a boca aberta / 

tiven fillos tiven fillas / 

tiven netos e bisnetas / 

eu quero vivir o xusto / 

aborrezo a vida eterna [...], 

Fotografía: XanXe