Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 57

Xoán fillo era un home case tan alto e forte coma o pai, pero cun rostro moi distinto, porque nas súas faccións pouco harmónicas percibíanse con claridade as mostras dun evidente retraso mental, que axiña descubriríamos que case alcanzaba o setenta por cento, o sesenta e sete, exactamente, tal coma el mesmo nos revelaría deseguida. 

Sabes por que estades aquí, nesta comisaría, Xoán, ti e mais teu pai? 

Non, non sei. Fixemos algo malo? 

Fotografía: XanXe