Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 58

Abandonamos o Búho Real e entramos no café Belén na busca dun ambiente máis acolledor para manter unha charla con Gustavo co único obxectivo de convencelo para que regresase comigo a Galicia o antes posible, mañá mellor ca pasado. 

Animara, incluso, a Lucía a que me axudase nesa misión e ata elaboramos xuntos todo un catálogo de razóns difíciles de rebater. 

Lonxe estaba eu daquela de imaxinar a inutilidade dos nosos propósitos.  

Fotografía: XanXe