Madriña. "O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro". Capítulo 12

...eu, que nunca fun a Madrid, pero que, despois de ler a túa carta, é como se xa fose, como se xa vivise alí toda a miña vida, Madrid, sitio distinto, idéntico a si mesmo, un sitio no que sobraba un montón de xente e faltaba un anaco de mar, onde todo eran multitudes e multitudes, multitude de colas e multitude de diversións, de diversións e de subversións, aclaras na túa carta, non sei por que dis o de subversións, e dis tamén, sen aclarar moito, inda que se entende todo, que en Madrid hai barrios enteiros tomados polos que ti chamas fachas, que aínda campan sen control, como xa tiveches ocasión de comprobar varias veces, hai tan só uns días, con motivo da conmemoración do 20 N, ... 

Fotografía: XanXe