María Casares. Eu son do océano (2)

Fotografía: Xan Xe Corral

Dende o trunfo da República en 1931, Casares Quiroga ocupou varios ministerios en presidencia do goberno. A familia trasladouse a Madrid por esta causa. Madrid foi o primeiro exilio da actriz que seguiu visitando Galiza nos veráns e carteándose cos amigos e amigas da Coruña. Fálalles de cine e de teatro, aos que acode na capital. A María gústalle o Instituto Escuela de Madrid onde é novidade a coeducación e os estudos de música, danza e teatro, desvela María Xesús Arias en María Casares. Eu son do océano.