María Casares. Eu son do océano (5)

Fotografía: Xan Xe Corral

No mes de xullo de 1976 cando viaxa a Madrid para representar El Adefesio de Rafael Alberti sobe ao escenario coas colegas Fina Sainz, Julia Gutiérrez Caba e Laly Soldevilla. A xira lévaa a Barcelona onde unha hepatite obrígaa a regresar a Francia sen visitar Galicia, como era a súa vontade. Ese encontro co pasado e a morriña empúxana a escribir as súas memorias que titula Residente Privilexiada. Os nove anos da súa infancia en Galicia, a imaxe máis precisa na súa memoria, escríbeos nunha noite, tal e como se reflicte nos textos de María Casares. Eu son do Océano de María Xesús Arias.