ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O inspector Xosé Sánchez Pereiro investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nos arredores da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000.
Ese é o comezo do argumento da radionovela ou podcast que Radio Fene Radiofusión comeza a emitir o vindeiro luns. Serán 12 capítulos que se emitirán todos os dias ás dez da mañá e as sete e media da tarde.
Contan con guión adaptado por Antonio Tizón a partir da súa novela “A antesala luminosa”. Tizón falou así da obra que tamén aborda a problemática da enfermidade mental.
Actores e actrices do grupo de teatro A Tenencia de Caamouco puxeron as voces, baixo a dirección de Eugenia Sanmartín e coa dirección de son de Xabier Fernández. O podcast poderá oírse tamén na web www.radiofusion.gal
Sánchez Pereiro inicia a investigación contactando cos principais membros da cuadrilla dos que el cre xa posíbeis cadáveres. E contacta primeiro con Cristina Fandiño, que lle entrega unha media novela autobiográfica, escrita por Gustavo, que o policía comeza a ler polo capítulo 2, porque o libro tan só ten capítulos pares.