ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Afonso X o sabio (1221-1284) utilizaba o galego como lingua habitual, segundo o historiador Anselmo López Carreira. Ademais utilizouno nas Cantigas porque na época era un idioma de prestixio, segundo coinciden os especialistas. A influencia do reino de Galicia chegaba ata o norde de Huelva, onde ainda hai un topónimo coñecido como a "banda galega". Hermerico convertese no ano 410 no primeiro rei de Galicia. Os suevos instálanse na Gallaecia romana e asinan un pacto de hospitalidade co emperador de Roma. Coa teórica aceptación da superior autoridade imperial e co compromiso de prestar asistencia militar, constitúen de facto un reino. Afírmao así o profesor Anselmo López Carreira, autor do libro “Historia de Galicia”, publicado por Edicións Xerais. Galicia como reino, segue contando con personalidade política propia durante máis de mil anos, dez séculos que foron silenciados e ocultados pola historiografía oficial. No ano 1230 morre o rei Afonso VIII e foi coroado o seu fillo Fernando III que xa era rei en León. Na persoa dese monarca uníanse as dúas coroas, a galego-leonesa e a castelá. Mais isto non supuxo de momento a unión administrativa dos reinos, que conservaron os seus respectivos usos tradicionais. No reino galego-leonés continuou vixente o código do Liber Iudicium, e ata o século XIV as Cortes de cada un deles seguíronse a reunir case sempre de forma independente. O novo código de leis aprobado en 1348 para Castela nas Cortes de Alcalá houbo de ser a continuación referendado para Galicia-León noutras Cortes en 1349. A unión tampouco tivo repercusión cultural. Da segunda metade dese século son as Cantigas de Santa María, compostas polo rei Afonso X (fillo e sucesor de Fernando III) nas que se percibe un idioma vivo, falado usualmente polo propio monarca.
Retrato de Afonso X, o Sábio, de Joaquín Domínguez Bécquer - Foto: Wikimedia Commons
Conversa co historiador Anselmo López Carreira sobre o primeiro reino de Europa:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/100225LOPEZ.mp3