Os incurábeis. Capítulo 1

Teresa Vence no papel de Mercedes "a do Rico"

Teresa Vence fai o papel de Mercedes, a propietaria do Rico, un bar situado na parte alta dos Castros, unha muller extravertida, falangueira e botada para adiante, que participa cos seus clientes en partidas de tute. O policía axiña descobre que tiña celos de Paloma e que a noite que a mataron se atopaba a escasos metros do lugar do crime, polo que decide incorporala á súa lista de sospeitosas; máis que nada, pola súa condición de muller, pois no seu caderno de notas figuran moi poucas persoas do xénero feminino. Matou Mercedes a Paloma, por celos ou por outro motivo aínda oculto? Que facía a propietaria do bar Rico tan preto do lugar do crime a noite que mataron á dona do Niño da Pomba?