Os incurábeis. Capítulo 23

Ángela Arias fai o papel de Clara no podcast Os incurábeis

"Aumentoume a psiquiatra a dose de antipsicótico" confésalle Iván Freire ao inspector Pereiro. Os dous conversan no "Niño da pomba" no capítulo 23 do podcast "Os incurábeis". As novelas de Antonio Tizón son as únicas da literatura galega adaptadas ata agora ao formato podcast, un formato xa habitual noutros sistemas literarios pero aínda inédito en Galicia, pese ás súas vantaxes xa contrastadas. É un formato flexible, de acceso doado, investimento asumíbel e gran potencial na captación de novos públicos para o mundo da lectura,