ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O auxe dos podcast medrou co confinamento, aínda que este formato de éxito xa petara forte en Estados Unidos en 2014, con Serial, o adictivo programa de radio que engaiolou a millóns de persoas seguindo un asasinato. En Serial, cada semana, a xornalista Sarah Koenig debulla os detalles do asasinato dunha adolescente de orixe surcoreana ocorrido en xaneiro de 1999 en Baltimore. A xustiza condenou a cadea perpetua ao antigo mozo da rapaza. Millóns de persoas seguiron este podcast que se converteu nun fenómeno social en Estados Unidos, superando ás audiencias de todos os programas de televisión. Había violencia de xénero, había inmigración pero sobre todo había un traballo xornalístico serio que fuxiu do sensacionalismo e da utilización da dor das familias. O podcast deu o salto a Europa e a BBC empezou a producir tamén este tipo de programas que se levan no peto e se poden escoitar cando un quere. A súa produción disparouse en toda Europa no confinamento.