ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Andamos por camiños estreitos, á beira da vía do tren e, despois dos Varadoiros, en vez de coller rumbo cara á praia, cruzamos o enreixado que daba acceso ao entorno hospitalario, cuxa beleza merecería unha declaración de Conxunto Histórico−Artístico, non sen antes pasar por diante da antiga capela de Santa María de Oza, que databa do século XII, e dalgunhas aulas universitarias, cheas de moitas máis alumnas ca alumnos. O edificio do actual Hospital de Día de Psiquiatría, construído xusto ao lado do Faro, non operativo desde 1963, comparado coa súa anterior arquitectura e situación, preto do Centro Oncolóxico de Galicia, parecía todo un palacio, e contaba, ademais, cuns arredores moi agradábeis para o paseo, onde se podía gozar do sol de inverno e das sombras que daban árbores –en especial, un histórico eucalipto− xa moi enraizadas. Así reflexionaba o inspector Pereiro no capítulo 33 do podcast "Os incurábeis".